Hoy por ti, a ONG viguesa que tece redes de servizos solidarios
A ONG viguesa Hoy por ti traballa dende hai 3 anos coa idea de facilitar o acceso a servizos básicos ás persoas en situación de precariedade.
Montaron unha serie de redes de servizos solidarios. Un exemplo foi posibilitar que moitos menores puideran ter unhas lentes se as necesitaban ou asistir a clases de inglés.
Na actualidade, impulsan dúas campañas influenciadas pola pandemia. Unha delas co obxectivo de axudar os nenos e as nenas na escola.
Escoita a entrevista premendo aquí http://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-12-04-2021-4935487